viernes, 20 de marzo de 2020

Colaboración co COPG

Paso a ser un dos psicólogos colexiados que apoia a iniciativa do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia de poñernos á disposición da Xunta de Galicia, en contacto coa Consellería de Sanidade, para abordar o plano psicolóxico tan importante que esta situación de emerxencia ten. Para nós isto é unha prioridade e actuaremos en total coordinación coa administración autonómica e estatal para colaborar no que sexa preciso.
Estamos a colaborar con diversos colectivos profesionais que se ven sometidos a un elevado estrés a consecuencia desta emerxencia
"Estamos nun momento extraordinariamente difícil como sociedade, tamén para nós como profesionais da psicoloxía. Un momento excepcional, descoñecido, que nos xera unha morea de incertezas e que, malia a ser psicólogas e psicólogos, tamén nos sentimos afectadas emocionalmente. Todo parece indicar que quedan semanas por diante, desde as administracións advírtennos de que o máis difícil está por chegar, así que é un bo momento para demostrar o servizo que a Psicoloxía como disciplina científica pode prestar á sociedade nesta situación, comezando desde a nosa propia conduta individual".

No hay comentarios:

Publicar un comentario