jueves, 30 de septiembre de 2021

Vampirizados

"...incluso es probable que se sorprendan de lo que pueden hacer cuando cae el chupete"



 


martes, 21 de septiembre de 2021

Día Mundial del Alzheimer

Con motivo del Día Mundial del Alzheimer, recupero este texto que escribí hace algunos años para el Concurso Rosa de Cen Follas (Colexio de Psicoloxía de Galicia), y que fue galardonado con el Premio Mención Especial do Xurado en modalidad narrativa.

O AMOR EN TEMPOS DE ALZHEIMER

É coñecida a sentencia de Jacques Lacan de que amar é dar algo que non temos a alguén que non é. Tan coñecida coma interpretable, supoño. Pode que eu tamén chegara un vintecinco de abril de fai xa uns cantos anos á esquina do Centro Comercial Catro Camiños, querendo dar o que non tiña a alguén que non era. Coma tamén pode que aquela parella de anciáns que coñecín nun dos centros xeriátricos onde traballei cando comezaba a miña andadura como psicólogo, seguira, tantos anos despois, pretendendo darse algo que non tiñan ás persoas que quizais non eran. Dende logo, ela, enferma de Alzheimer, fragmentada en recordos cada vez máis difusos e inconexos, invadida polo pánico irrepresentable, pola ausencia de palabras que tentan taponar ese exceso do vivinte, ese sen sentido, non podía xa, naquel intre, darlle a él, que resistía a duras penas naquel inferno de morte en vida que supuxo o avance imparable da demencia da sua esposa, outra cousa que non fose un eco estrano e doente, un reflexo  perturbador, unha ilusión fantasmática, e que sen embargo non facían que o home deixara de percorrer varias veces ao longo da semana cento e pico kilómetros de distancia para poder pasar ao seu carón todo o día, entre a indiferencia de quen non parece xa coñecerte, de risos inoportunos, golpes, insultos, atragantamentos, arrotos, defecacións, ouriños, e algunha que outra caricia furtiva e desubicada, allea hai tempo a calqueira coherencia relacional. E alí estaban os dous, sentados na cafetería do centro, camiñando polos xardíns exteriores, ollando a televisión na gran sala cas mans entrelazadas nunha turbia e tenra madexa inseparable. Pasaba cerca deles e invadíame unha estrana mistura de admiración, noxo e frustración. Él dirixíase a min e  falàbame de como a atopaba, do que él cría que ela estaba a pensar sen poder verbalizalo, dos seus recordos, da sua casa de dous pisos cun pomar cheo de árbores froiteiras, das suas viaxes, do seu casamento, do día en que se coñeceron... Os ollos enchíanselle de bágoas e os méus tamén. Tentaba escoitar, acompañar, entender, estar... e non tanto aconsellar. Para iso xa chegaban outros, para dicirlle que non debía ir tanto á residencia, que lle facía dano, que total non se enteraba, que se coidara e se preocupara dél mesmo, que era mellor que buscara novas ocupacións, outros pasatempos... Recordo coma se fora hoxe o día en que o home estoupou e berroulle a un membro do consello de sabios que para él Carme non era unha ocupación nin un pasatempo. O desenlace foi o que foi. Non creo que sexa preciso contalo. Mais cando penso nela, non deixa de sorprenderme o incrible, perturbador e marabilloso que pode chegar a ser iso de dar o que non se ten a alguén que non é. En calqueira caso, se iso é o amor: fermosa ausencia, bendito equívoco.


lunes, 13 de septiembre de 2021

Violencia adolescente

"En un contexto social caracterizado por una generalizada inmadurez del adulto, pareciera invertirse el sentido del reflejo en el espejo. Lo que en ellos nos impacta como inquietante, y en ocasiones monstruoso, no es más que un aspecto de lo real de nosotros mismos". 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2021/09/13/mirada-alla-violencias-adolescentes/0003_202109G13P12998.htm