lunes, 21 de marzo de 2022

Presentación presencial y Congreso

La presentación presencial del libro "El psicólogo cuenta" será el lunes 4 de abril a las siete de la tarde en la librería Cronopios de Santiago de Compostela. Me acompañarán Cristina García (médico psiquiatra) y Cruz Fernández (enfermera especialista en psiquiatría). 


Por otro lado, también estaré participando en el XXXIII Congreso Nacional de SEPYPNA (Sociedad Española de Psiquiatría y Psicoterapia del Niño y del Adolescente), que se celebra este año los días 1 y 2 de abril en la Facultad de Medicina de Santiago de Compostela. 


miércoles, 9 de marzo de 2022

El psicólogo cuenta. Libro recopilatorio.




Me alegra anunciar que pronto se publicará una recopilación y selección de los artículos que he ido escribiendo a lo largo de estos años para El Correo Gallego. Adjunto el enlace para reservar en preventa:

https://autografia.es/product/preventa-el-psicologo-cuenta/



martes, 8 de marzo de 2022

Día Internacional da Muller

 

Declaración Institucional do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia con motivo do Día Internacional da Muller

8/3/2022

Neste 8 de marzo, Día Internacional da Muller, desde Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia facemos unha chamada a continuar avanzando no camiño da igualdade real, un dos obxectivos da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible. A pesar dos innumerables progresos conseguidos nas últimas décadas, a desigualdade entre mulleres e homes aínda persiste en practicamente todos os ámbitos da vida.

A pandemia, como calquera contexto de crise, evidenciou e agudizou tales desigualdades. Isto maniféstase nas súas expresións máis extremas, como a violencia que sofren as mulleres e os seus fillos e fillas; ata nas máis invisibles, como o inequitativo reparto dos coidados ou o teito de cristal que limita o acceso a postos con maior poder.

Un 94% das persoas que traballan a tempo parcial, neste país, para o coidado de nenos ou nenas e de persoas dependentes, son mulleres. O mesmo pasa con aquelas que deixan o seu traballo para atender as cargas familiares, a proporción está totalmente distorsionada cunha presenza masculina ínfima. E un 84% das mulleres realiza tarefas domésticas a diario, o dobre que os homes (42%). Isto quere dicir que as mulleres continúan arrastrando unha sobrecarga diaria compatibilizando a súa xornada laboral, a reprodutiva e a das tarefas domésticas.

Cando pensamos en mulleres nas que inciden outros factores como a discapacidade, as traballadoras do fogar, aquelas que se atopan na economía mergullada, as migrantes, desempregadas, en situación de prostitución, vítimas de violencias…; podemos comprobar  o lonxe que estamos aínda da igualdade real.

A Unión Europea lanzou a advertencia de que farán falta tres xeracións máis para alcanzar a igualdade de xénero. É un tempo demasiado extenso que ocasiona unha vulneración dos dereitos humanos das nenas e mulleres, que as está privando de oportunidades á vez que as expón a sufrir violencia psicolóxica, física, sexual, simbólica ou económica polo simple feito de ser mulleres.

Entre as metas que marca a Axenda 2030 nesta materia, indica a necesidade de poñer fin á discriminación que sofren mulleres e nenas en todo o mundo; eliminar todas as formas de violencia de xénero; terminar co matrimonio infantil e a  mutilación xenital feminina; recoñecer e valorar o traballo de coidados domésticos; asegurar a participación plena das mulleres e a igualdade de oportunidades de liderado; e asegurar o acceso universal á saúde sexual e os dereitos reprodutivos.

Son metas nas que o factor psicolóxico é importantísimo, polo que o acceso a unha atención psicolóxica profesional nos distintos contextos (sanitario, educativo, social…), especialmente para as persoas máis vulnerables, é determinante para a consecución de tales dereitos. Unha sociedade na que a accesibilidade aos coidados de saúde mental estea garantida é unha sociedade máis xusta e igualitaria e na que, sen dúbida, todas e todos desexamos vivir.

martes, 1 de marzo de 2022

Punto de partida

"La respuesta final de Freud a la pregunta inicial de Einstein –y que, podemos hipotetizar, sería la misma que hoy le daría, admitiendo todas las diferencias que convenga entre acontecimientos históricos separados en el tiempo– es, sin duda, la de un pesimista advertido. Aquel que, partiendo de esa realidad psíquica, apela al coraje ético de cada uno y afirma que nos rebelamos contra la guerra porque no podemos hacer otra cosa como pacifistas. La guerra nos produce una “intolerancia constitucional” y no queremos esa destrucción. La pulsión de muerte nunca fue para él un destino fatal, simplemente un punto de partida del que conviene estar advertido para contrariarlo".

https://theconversation.com/que-pensarian-freud-y-einstein-de-la-guerra-en-ucrania-178067